Os centros participantes terán que elaborar 10 carteis e mais unha guía didáctica sobre a súa obra, época e lingua.
Concederanse dous premios, un para a categoría A (centros
de infantil e primaria) e outro para a categoría B (centro de secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial). O profesorado responsable das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de 20 horas de formación permanente (30 para a persoa coordinadora).
O prazo para enviar os traballos remata o 23 de xaneiro. Podedes consultar a convocatoria aquí.